RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Sara Álvarez, convocada para uns adestramentos da selección sub-17

Sara Álvarez, recente fichaxe do Deportivo ABANCA, foi convocada pola selección española sub-17 para unhas sesións de adestramento que terán lugar na Ciudad del Fútbol de Las Rozas entre os días 2 e 4 de setembro.

Sara, de só 16 anos, incorporouse este verán ao Deportivo ABANCA procedente do Atlántida de Matamá e xogou partidos de pretemporada tanto co primeiro como co segundo equipo branquiazul.

A defensa, unha das futbolistas galegas novas de maior proxección, xa defendeu a camiseta da selección española en categoría sub-16 no Torneo Internacional de Montaigu (Francia) este mesmo ano. Ademais, xa foi chamada a outra concentración do equipo sub-17 hai uns meses.

A nova futbolista segue así os pasos das súas compañeiras Teresa Abelleira, Carlota Sánchez e María Méndez, convocadas recentemente por diferentes seleccionadores.