RCD / NOVAS

Sara Álvarez participou na vitoria de España sub-17 ante Alemaña

16/01/2020 22:45

A xogadora do Deportivo ABANCA B Sara Álvarez estivo concentrada estes días coa selección española sub-17 para un partido amigable ante Alemaña en Salou (Tarragona) hoxe xoves 16 de xaneiro.

A futbolista branquiazul saltou ao terreo de xogo no minuto 70 con 1-1 no marcador, nun partido que se decidiu na recta final a favor das españolas (3-1), con 'hat-trick' de Giovana Queiroz.

Sara Álvarez chegará a tempo para xogar o sábado 18 de xaneiro en Abegondo ante o Sárdoma CF, a partir das 18:00 horas, en partido correspondente á 15ª xornada no grupo 1º de Primera Nacional.