RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Satisfacción coruñesa e 'tica' polo punto conseguido en #onosoderbi

  Os coruñeses Pedro Mosquera e Lucas Pérez e o costarriqueño, Celso Borges, mostraron o seu satisfacción na zona mixta polo punto cultivado en #ONosoDerbi, que supón o 37 no presente curso.

Celso Borges, autor do tanto deportivista, subliñou que a pesar da expulsión de Arribas, "aguantamos bastante ben e o esforzo é de todos". O internacional costarriqueño recoñece que o punto é bo porque "sumar sempre é positivo".

Pola súa banda, o coruñés Pedro Mosquera, que debutaba en Balaídos vestindo a camiseta branquiazul do Deportivo, cre que a permanencia non está conseguida, "quedan 7 partidos, 21 puntos". O mediocentro deportivista opina que "fixemos unha moi boa primeira parte e na segunda, ata a expulsión, estivemos moi cómodos". Por todo iso, di estar "contento co punto por como se deu o partido. Quedámonos cun menos e mesmo unha fase do partido con dous menos".
 
Finalmente, Lucas Pérez tamén resaltou que o Deportivo "fixo un gran partido na primeira parte, e despois, coa expulsión de Arribas traballamos 20 minutos e traballamos moi ben". O pichichi deportivista lembra que a permanencia estará conseguida "cando o diga a matemática da liga. Agora temos un partido moi complicado ante As Palmas, que vén facendo uns partidos incribles. Están a xogar moi ben e vai ser un partido moi difícil". Agradeceu o esforzo da afección deportivista, que animou sen descanso desde a bancada: "É unha afección exemplar. Viviu o mellor do fútbol e tamén o peor. Moitas afeccións téñense que fixar na nosa", concluíu o futbolista que hoxe luciu por primeira vez o brazalete de capitán do Deportivo.