RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Satisfacción deportivista en zona mixta a pesar da eliminación copeira

Borja Valle, One e Pedro Mosquera atenderon aos medios de comunicación na zona mixta do Estadio Gran Canaria.

Así, o atacante berciano manifestou que "ímonos contentos. Viñamos cunha diferenza moi grande e tivemos opcións até o final".

A nivel persoal, autor de dous goles, confesou estar "moi feliz. O fútbol trátase disto, tes unha ocasión e tentar aproveitala. Ben é certo que por dentro tes nervios, levaba moito tempo sen xogar".

Pola súa banda, o fabrilista One, que debutou no centro da zaga facendo parella con Schär, recalcou sentirse "moi cómodo. Os meus compañeiros axudáronme moito dentro e fóra do campo. Sentinme como uno máis, facendo o que veño facendo no filial".

"Tiña ganas de que me chegase a oportunidade, chegoume e tentei aproveitala", engadiu o defensor branquiazul.

Finalmente o capitán Pedro Mosquera dixo sobre o 2-3 final que "non nos rendemos. Sabiamos que quedaba un partido, tiñamos que dalo todo. Unha pena porque fixemos un bo traballo e ao final non tivemos a recompensa co pase na eliminatoria".

Conclúe o centrocampista coruñés que do partido desta noite "podemos sacar moitas cousas positivas menos a eliminación".