RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Satisfacción en Pepe Mel, e felicidade en Fede Valverde polo seu debut co Dépor

Pepe Mel, técnico deportivista, e Fede Valverde atenderon aos medios de comunicación ao finalizar o encontro no campo da Magdalena de Vilalba.

O adestrador branquiazul lembrou que o Dépor chegaba ao encontro ante o Racing Villalbés con "moitos adestramentos, moita carga nas pernas, xente nova. Satisfeito porque tentaron facer as cousas que propuxemos nos adestramentos. Agora a esperar a mellorar, porque obviamente para iso son estes partidos".

Reiterou Pepe Mel estar "moi contento cos xogadores porque están a nos dar a ilusión que se necesita para arrincar o ano. Estes partidos vannos a vir francamente ben".

Así mesmo, subliñou que "o Dépor debe de estar presente en Galicia, estar presente en todos os sitios para que a xente o poida ver. Vimos aquí encantados, igual que iremos mañá e pasado. Fai deportivismo, iso primeiro. E logo hai xogadores que teñen que aproveitar estes partidos porque segundo vaia aumentando a carga de traballo e o nivel do rival, van ter menos oportunidades. Hai moita xente fóra, e xente que ten que vir".

Pola súa banda, Fede Valverde indicou que agora "hai que adaptarse a ir gañando partidos, a ir xogando partidos. Isto é parte da pretemporada e hai que facelo".

O centrocampista uruguaio, procedente do Real Madrid, mostrouse, tras o seu debut co Dépor, "feliz por empezar esta nova etapa nun bo equipo".

Explica que Pepe Mel pediulle que "encare cara a adiante, porque teño velocidade. Trato de facer o que el me pide e axudar ao equipo".

Mostrouse "moi agradecido" aos seus novos compañeiros despois desta primeira semana na Coruña: "Son uns 'cracks' tanto dentro como fora do campo".