RCD / NOVAS

Saúl incorporouse esta mañá aos adestramentos co grupo

31/01/2019 14:35

A día de hoxe, a pouco máis de 48 horas do partido en ABANCA-RIAZOR ante o CD Tenerife (sábado 2 de febreiro, 20:30 horas, LaLiga 1|2|3), o lateral zurdo Saúl incorporouse aos adestramentos co grupo, aínda sen alta médica.

Os Servizos Médicos do RC Deportivo agardarán á súa evolución no adestramento de mañá venres; e á de Michael Krohn-Dehli e Fede Cartabia, para saber se todos eles están en condicións óptimas para entrar na lista de convocados.

Finalmente, Pedro Sánchez traballou esta mañá co readaptador, Fran Molano; e só o dianteiro andaluz Carlos Fernández está na etapa inicial de tratamento médico e de fisioterapia, con repouso relativo.

Podes consultar aquí o estado físico do cadro deportivista: