RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Saúl ve aos futbolistas branquiazuis "mentalizados do que vén o luns"

Saúl compareceu esta mañá na sala de prensa de Abegondo, minutos antes de realizar a sesión diaria de traballo.

O lateral deportivista cualificou o choque deste luns 27 de maio en ABANCA-RIAZOR ante o Real Mallorca (21:00 horas, GOL e LaLiga 1|2|3 TV) como "transcendental. Todos sabemos da importancia que ten o partido para todos. Xogámonos moito, como eles. É unha das nosas últimas oportunidades. Sabemos o que temos que facer e mentalizados do que vén o luns".

Insiste en que todo pasa por vencer ao cadro balear: "Non dependemos de nós mesmos. Está claro que o que temos que facer é gañar. Sabemos que aínda gañando todos os partidos pode ser que non chegue", apostila.

Do Mallorca, que venceu (1-0) ao Dépor no duelo da primeira volta en Son Moix, di Saúl que "está a facer unha gran campaña. Xogámonos moito o luns. Cada partido é un mundo. Esperamos que en ABANCA-RIAZOR podamos conseguir os 3 puntos".

Precisamente lembra que o factor campo "tennos que axudar. A xente está connosco, que vaia ao campo e anime. Ao final iso tennos que levar polo aire".

Máis que explicar as razóns dos resultados do Dépor nesta segunda volta, opina que agora toca "afrontar a situación, asumila. Saber que fallamos neste tramo que pensabamos que o equipo ía responder mellor. Non foi así. Quédannos 3 partidos. Creo que se pode alcanzar, se non non o diría. Podémolo facer. Se ganas estes 3 partidos, méteste en play off e sobes, vai dar igual se a segunda volta foi unha merda, se foi marabillosa. O importante vai ser o obxectivo, que é o ascenso".

Preguntado polo seu futuro, deixou claro o futbolista cántabro que "neste momento centrarnos en cousas persoais é unha falta de respecto cara a todos os meus compañeiros, cara a todos os que levamos este ano loitando por un obxectivo tan importante para o Club e para nós. Non hai que pensar en cousas persoais nestes momentos".