RCD / NOVAS

Scaloni traballou hoxe co resto de compañeiros

Lionel Scaloni foi a gran novidade no adestramento desta mañá en "O Mundo do Fútbol". O centrocampista branquiazul regresou da convocatoria de Marcelo Bielsa, seleccionador arxentino, para o partido Perú-Arxentina clasificatorio para o Mundial de Alemaña 2006.

08/09/2004 13:29

Traballou á marxe do grupo Fran; mentres que Héctor e Tristán non se exercitaron debido ás súas respectivas doenzas. Volveron adestrar os fabrilistas Dani Cancela, Pita e Xisco.

Máis novas de: SCALONI

RCD / Noticias Relacionadas

24/11/2005 22:03 |

Scaloni anuncia que cumprirá o seu contrato co Deportivo e regresará despois ao fútbol arxentino

O capitán do Deportivo, Lionel Scaloni, quixo hoxe xoves na sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol' ratificar as declaracións que efectuou na Cadea Ser onte mércores nas que afirmaba que o seu desexo era cumprir o seu contrato no Deportivo, que expira en xuño de 2007, e posteriormente regresar ao seu país, para acabar a súa carreira profesional no Estudantes.