RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Schär: "Estamos no camiño correcto"

O defensa suízo Fabian Schär compareceu esta tarde ante os medios de comunicación na sala de prensa de Abegondo.

Cualificou de "moi importante" a primeira vitoria ligueira onte no Estadio ABANCA-RIAZOR ante o Alavés. Ademais, confesou sentirse "moi a gusto con todo o Club, cos compañeiros, cos técnicos. Estou moi feliz coa decisión que tomei de vir aquí. Todo é perfecto".

Recoñeceu que non estaban satisfeitos cos primeiros partidos de liga: "Só fixemos un punto e queriamos algo máis. Era un partido importante onte. Pero agora estamos concentrados nos próximos partidos, como o do domingo. Se seguimos xogando así, seguro que veranse partidos bos".

Ve "normal que cando gañemos a xente estea feliz. Para nós foi importante gañar onte porque nos primeiros catro partidos só fixemos un punto. Hoxe estamos felices pero xa concentrados no partido do domingo, no seguinte paso".

Insiste en que "estamos no camiño correcto. Foi importante para a nosa confianza. Fixemos un partido de 90 minutos moi bo".

Lembra que o partido deste domingo 24 de setembro ante o Espanyol no RCDE Stadium (12:00 horas, Bein LaLiga) "é moi difícil. É fóra de casa. O Espanyol está necesitado de puntos tamén. Vai ser un partido duro".

Preguntado pola súa rápida adaptación ao Dépor e ao fútbol español, Schär explica que "son feliz xogando ao fútbol. Gozo dos partidos. Estou nun Club grande. Espero facer unha boa temporada. Adestro todas as semanas, traballarei todo o ano. Moi contento".