RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"Se competimos como nós sabemos, podemos dar un paso adiante", opina Pedro Sánchez

Pedro Sánchez foi o protagonista esta mañá na sala de prensa de Abegondo.

O atacante deportivista advirte que no último partido de 2018, este sábado 22 de decembro en Cádiz (20:45 horas, Movistar Partidazo), "queremos unha boa imaxe. E sobre todo o máis importante en Segunda División, que é competir".

Nesta liña, subliña que "se competimos como nós sabemos, podemos dar un paso adiante".

Por este motivo, Pedro deixa claro que no Estadio Ramón de Carranza, "imos ir a por todas para conseguir esta vitoria".

En posicións actualmente de ascenso directo, non lle concede importancia a acabar o ano nese posto ou en playoff: "Impórtame realmente as sensacións do equipo, dos xogadores que poidan competir o último partido cunha enerxía boa. E irse a casa cunha boa sensación. Esperemos que sexa así e iso é o que máis me importa".

Do Cádiz, apuntou que é un equipo "cunha moi boa dinámica pero ás veces as dinámicas rompen. Oxalá que podamos ser nós".

A nivel persoal, coas súas entradas e saídas do once, Pedro Sánchez lembra que o xogador "está dedicado ao Club e ao equipo. Hai un adestrador que decide e iso hai que respectalo. Estamos aquí a disposición do míster en calquera momento.