RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

''Se salgues a non perder vasche a levar unha 'tunda' que flipas'', advirte Fabricio

Fabricio advirtió esta mañana na sala de prensa de Abegondo que se o Dépor salgue "a non perder (en Madrid) vasche a levar unha 'tunda' que flipas". "Temos que saír a partirnos a cara, a dalo todo no Calder&oacu

Asegura a meta deportivista que o Atlético de Madrid, na súa cancha, "é un gran equipo. É un estadio que sempre está cheo, cunha das mellores afeccións que anima e que quenta o partido. Enfróntasche a un dos mellores equipos de Europa, como o demostrou o ano pasado. Sabemos a dificultade. Imos saír a pelexar por gañar o partido, pero sumar un punto tamén é un bo resultado, hai que ser honestos".

No últimos cinco partidos de Fabricio baixo paus, o Dépor sumou catro sen encaixar un só gol (Valencia, Espanyol, Córdoba e Real Sociedade). Di non lembrar un refacho igual en Primeira División, "creo que co Recre" (en Segunda División), apunta. "É mérito dos meus compañeiros que son os que corren e pelexan todos os partidos. Eu tento facelo o mellor posible e pór o meu granito de area", engade Fabricio.