RCD / NOVAS

Se tes carné do Dépor e queres recibir comunicacións directas do Club, subscríbete aos nosos envíos

04/10/2021 19:06

Todas as socias e socios do RC Deportivo que durante o seu proceso de renovación ou alta como abonados non autorizaron expresamente os envíos de información e comerciais por parte do Club, poden acceder en calquera momento á posibilidade de recibir estas comunicacións.

Para iso só hai que acceder a https://rcdeportivo.es/suscripcion e co ID de socio e os 4 últimos números do DNI, validar os datos de contacto e autorizar os envíos para non perderse ningunha notificación importante do RC Deportivo.