RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Sebastián Taborda, presentado esta tarde como novo xogador deportivista

O dianteiro internacional uruguaio Sebastián Taborda foi presentado esta tarde na sede do club na Praza de Pontevedra. Estará vinculado ao Deportivo durante o próximas cinco tempadas e a súa cláusula de rescisión ascende a 60 millóns de euros.

Taborda pasou esta mañá o recoñecemento médico con normalidade e a continuación coñeceu ao seu técnico, Joaquín Caparrós, -"ao que espero non defraudar"-, apunta e xa se exercitou no ximnasio da Cidade Deportiva de Abegondo. "A verdade é que quedei impresionado. Hai unha infraestrutura de primeiro nivel mundial. Temos todas as comodidades e iso acentúa o meu compromiso con este club", explicou o novo "sete" deportivista.
Mañá, Sebastián Taborda exercitarase por primeira vez cos seus novos compañeiros.