RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Seedorf axusta as pezas para Mestalla

Clarence Seedorf dirixiu este mediodía no campo 3 de Abegondo un adestramento táctico, co obxectivo claro de despedirse cun sorriso do campionato ligueiro o vindeiro domingo 20 de maio en Mestalla ante a Valencia CF (12:00 horas, Bein LaLiga).

Após un quecemento, o técnico holandés dispuxo dun traballo táctico. A continuación houbo un traballo de posesión e, para concluír, un partido once para once.

Con Sidnei, Bóveda, Carles Gil, Andone e Cartabia fóra do grupo, Seedorf tirou de #ANOSACANTEIRA, e citou co primeiro equipo aos canteiráns Mujaid, que xa debutou oficialmente o pasado sábado ante o Villarreal CF, Adrián Castro, Valín e Víctor Eimil.

Mañá xoves, o equipo adestrarase no Estadio ABANCA-RIAZOR a partir das 12:00 horas.