RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Seedorf: "En 3 días por sorte temos outro partido para esquecer este"

Clarence Seedorf manifestou na sala de prensa do Coliseum Alfonso Pérez, trala derrota ante o Getafe, que "non cambiou nada. Temos que seguir traballando forte. En 3 días por sorte temos outro partido para esquecer este", en referencia á visita do Eibar ao Estadio ABANCA-RIAZOR, prevista para o sábado 3 de marzo ás 18:30 horas (Bein LaLiga).

Recalcou o técnico holandés que "estamos aquí traballando e confiando que o imos a sacar. Non cambiou o que dixen onte a hoxe".

Recoñeceu que "nos últimos 15, 20 metros faltounos un pouco de faísca hoxe. Non creamos moitas opcións de facer gol". Pola súa banda, lembrou os erros cometidos cos que levou o partido o cadro madrileño: "Non se pode regalar a un equipo como o Getafe, que vive moi ben dos fallos do rival".