RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Seedorf: "Hai que persistir para buscar a vitoria. Buscar, buscar, buscar"

Clarence Seedorf manifestou este mediodía na sala de prensa de Abegondo que "o equipo está moi ben" para afrontar mañá venres a visita ao Girona (21:00 horas, Bein LaLiga), correspondente á 28ª xornada en LaLiga Santander.

"Durante a semana os xogadores tiveron moi boa atención. Estamos listos para enfrontarnos a un equipo con moitos mecanismos importantes", engadiu.

Avisa que non lle preocupa o sistema de xogo do equipo catalán: "Coñecémolo ben. En Italia hai varios equipos que utilizan ese sistema. Eu creo que a forza deste equipo é a forza que fai como conxunto, moi parecido aos últimos equipos cos que nos enfrontamos, Eibar, Getafe".

Apunta o técnico holandés que este partido "nos vai a mostrar que somos capaces de adaptarnos ao adversario, ao nivel do seu tipo de xogo. Pero manter a nosa filosofía, o noso xogo, buscando con moita forza a vitoria". Cre Seedorf que o equipo "está a tomar conciencia das súas capacidades. Estamos nunha boa fase defensiva, conscientes do que temos que facer. Dando moitas menos ocasións de gol aos nosos adversarios. O que nos falta de verdade é facer o primeiro gol, e estámolo buscando, chegou no último partido".

Subliña o adestrador branquiazul que "hai que seguir buscando con forza a vitoria a través de ser un equipo compacto, organización defensiva cos once xogadores".

Nesta liña, deixa claro que o que busca é que "todos os rivais que se enfronten ao Dépor van ter que pelexar moito para facernos un gol". E, ademais, "persistir para buscar a vitoria, buscar, buscar, buscar. Non o vai a buscar ninguén para ti".