RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Seedorf leva a todos os seus futbolistas dispoñibles para o choque ante o Alavés

Ao finalizar o adestramento de hoxe en Abegondo, Clarence Seedorf citou a todos os seus futbolistas dispoñibles, 21 en total, para o encontro de mañá sábado 17 de febreiro en Mendizorroza ante o Alavés (18:30, Bein LaLiga), correspondente á 24ª xornada de LaLiga Santander.

Quedan na Coruña forzosamente os tocados Fede Valverde, Maksym Koval e Sidnei, este aínda de baixa médica a pesar de que traballou xa varios días co grupo.

No adestramento de hoxe, no que tamén participou o fabrilista Francis, o técnico holandés, após unha sesión de vídeo e un quecemento, incidiu no traballo táctico no campo 3, a porta pechada.

Os convocados desprázanse a Vitoria segundo este plan de viaxe:

Venres 16 de febreiro
17:00: Saída do voo do Aeroporto da Coruña con destino ao Aeroporto de Vitoria
18:20: Chegada aproximada a Vitoria e aloxamento no Hotel NH Canciller Ayala de Vitoria

Sábado 17 de febreiro
18:30: Alavés - Deportivo, en Mendizorrotza
22:30: Saída do voo do Aeroporto de Vitoria con destino ao Aeroporto da Coruña
23:50: Chegada aproximada ao Aeroporto da Coruña

Após o partido, o cadro está citada de novo en Abegondo o domingo 18 de febreiro ás 17:00 horas.