RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Seedorf: "O camiño é só un, estar xuntos"

Clarence Seedorf indicou na sala de prensa do Estadio ABANCA-RIAZOR que para saír desta situación "o camiño é só un, estar xuntos. E seguir pelexando cunha unión moi forte para conseguilo. E estou convencido de que o ambiente vai ser así mañá".

Apunta que o deportivismo "é capaz de crear ambientes especiais. Necesitamos o seu apoio", subliña o técnico holandés.

É máis, está convencido de que "a maior parte da afección do Dépor cre, ten fe. Esa palabra ten que ver moito con esta rexión. Non atopei ningunha persoa pola rúa que non ten fe, que non cre. Todos cren. Despois hai xente que é máis pesimista, como na vida".

Lembra neste sentido que "matematicamente hai unha posibilidade moi grande aínda de saír".

Iso si, admite que na situación na que está o equipo, "cada partido pesa psicoloxicamente, pesa nas pernas. O que me gusta moito é a forza deste grupo. Despois das derrotas que tiveron, ou de partidos que se puido gañar e que se empataron, non baixaron a cabeza, non tiraron a toalla. Seguen aí e seguimos todos".

Do Málaga, rival mañá venres 6 de abril no Estadio ABANCA-RIAZOR (21:00 horas, Bein LaLiga), opina que é "un equipo moi vivo. Ten xogadores perigosos adiante. Hai que respectar a todos os equipos por igual. Tivemos case máis dificultades contra equipos que sobre o papel eran máis fáciles".