RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Segunda semana consecutiva sen competición e con mini vacacións para o Deportivo ABANCA

O Deportivo ABANCA ten previsto realizar 2 adestramentos nesta nova semana de parón ligueiro, segunda consecutiva.

Manu Sánchez, técnico deportivista, concederá despois unhas mini vacacións ao seu cadro. Iso si, todas elas, salvo as 5 internacionais, levarán 'deberes' en forma de traballo físico para realizar cada día nos seus domicilios.

O obxectivo dos técnicos é o de readaptación á rutina semanal para encarar en boas condicións físicas o tramo final da competición.

A próxima cita ligueira para o Deportivo ABANCA será o sábado 21 de marzo en Abegondo (11:00 horas) ante o Atlético de Madrid Femenino, en choque correspondente á 22ª xornada na Primera Iberdrola.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 10 de marzo
17:00: Adestramento en Abegondo

Mércores 11 de marzo
17:00: Adestramento en Abegondo

Xoves 12 de marzo
Descanso

Venres 13 de marzo
Descanso

Sábado 14 de marzo
Descanso

Domingo 15 de marzo
Descanso