RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Segunda semana de pretemporada para o Dépor con sete adestramentos e o primeiro amigable

O Deportivo inicia mañá luns 19 de xullo a súa segunda semana de pretemporada. 

O corpo técnico branquiazul encabezado por Borja Jiménez dispuxo até o venres 23 de xullo sete sesións de adestramento previas ao primeiro amigable do sábado 24 no campo da Magdalena de Vilalba ante o Racing Villalbés.

Todo o traballo desenvolverase en Abegondo e cada día que haxa actividade o cadro reunirase para almorzar no comedor da Cidade Deportiva ás 09:00 horas.

Será unha semana ademais na que o Dépor coñecerá o calendario ligueiro na Primeira RFEF, nun sorteo que terá lugar o martes 20 de xullo ás 12:00 na sede da Real Federación Española de Fútbol en Las Rozas (Madrid).

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 19 de xullo

10:30 e 19:00 h.

Martes 20 de xullo

10:30 h.

Mércores 21 de xullo

10:30 e 19:00 h.

Xoves 22 de xullo

10:30 h.

Venres 23 de xullo

10:30 h.

Sábado 24 de xullo

19:00 h.: Racing Villalbés - Deportivo, na Magdalena