RCD / NOVAS

Segundo e último test de Venezuela ante Paraguai, coas deportivistas Kika, Gaby e Michelle Romero en acción

07/10/2019 11:15

As tres xogadoras venezolanas do Deportivo ABANCA, Kika Moreno, Gaby García e Michelle Romero, están concentradas con Venezuela para disputar dous encontros ante o combinado nacional de Paraguai neste parón ligueiro na Primera Iberdrola. Ambos son no Centro Nacional de Alto Rendemento de Fútbol Feminino Evelio Hernández na localidade de San Felipe, no Estado de Yaracuy.

O segundo deles será mañá martes 8 (17:00 hora local, 22:00 horas na Coruña).

No primeiro, disputado o pasado venres 4 de outubro, Gaby e Michelle Romero foron titulares no empate a 1 gol co que acabou o choque. Pola súa banda, Kika, que comezou no banco, relevou a Gaby no minuto 69.

O partido estivo marcado pola expulsión por dobre amarela da venezolana María Rodríguez no minuto 29 de partido.

Esta convocatoria non afecta a ningún encontro do Deportivo ABANCA ao ser datas FIFA. O equipo branquiazul recibirá en Abegondo ao Rayo Vallecano o sábado 12 de outubro ás 18:00 horas.