RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Segundo partido consecutivo aprazado ao Xuvenil B por un caso de COVID-19 no equipo rival

Non está a ser afortunado o Xuvenil B neste inicio de liga no subgrupo A da Liga Nacional.

O partido correspondente á 3ª xornada entre o SD O Val e o Xuvenil B, previsto para este sábado 21 de novembro no campo do Sinde de Narón, foi aprazado por un positivo de COVID-19 no conxunto naronés.

O Comité de Competición fixará agora unha data "o máis próxima posible", tal e como afirmou o Xuíz Único na súa resolución pola que se acordaba este adiamento.

Será o segundo partido consecutivo aprazado para o Xuvenil B, que tampouco puido xogar o pasado sábado 14 de novembro ante o EF Lalín en Abegondo neste caso por un caso positivo de COVID-19 no cadro dezano.

O equipo deportivista que dirixen Alejandro Antón e Aldo Duscher arrancou a competición ligueira o 7 de novembro cunha goleada (0-4) ante o Racing Villalbés, con tantos de Diego Gómez, Embid, Hugo Baldomar e Martín Ochoa.

Os resultados até a data do Xuvenil B son os seguintes:

Racing Villalbés 0 - Xuvenil B 4 (Diego Gómez, Embid, Hugo Baldomar e Martín Ochoa)
Xuvenil B - EF Lalín, aprazado
SD O Val - Xuvenil B, aprazado