RCD / NOVAS

Segundo partido e segunda vitoria de Carlota con España sub-19 en Valencia

04/08/2019 23:10

- Foto: COTIF -

A selección española sub-19, coa deportivista Carlota Sánchez, participa no Torneo Internacional de Fútbol Feminino COTIF 2019 na localidade de L'Alcudia (Valencia).

Hoxe domingo ante o Villarreal CF, España impúxose (3-1) nun choque no que a atacante do Dépor ABANCA B saltou ao campo no minuto 42 en substitución de Asunción Martínez.

España arrancou o torneo o venres ante Mauritania, partido que se saldou con plácida goleada a favor das españolas (0-11).

Carlota substituíu a Naroa Uriarte no minuto 48. A dianteira coruñesa anotou de penalti o gol que pechaba a conta.

A próxima cita para a selección española será o luns 5 de agosto fronte a Bolivia (20:30 horas).

O calendario de partidos de España, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Venres 2 de agosto
MAURITANIA 0 - ESPAÑA 11

Domingo 4 de agosto
ESPAÑA 3 - VILLARREAL CF 1

Luns 5 de agosto
20:30: BOLIVIA - ESPAÑA

Mércores 7 de agosto
20:30: ESPAÑA - INDIA