RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Segundo partido para María Méndez mañá sábado no Minitorneo de clasificación para o Europeo

A xogadora do Deportivo ABANCA María Méndez está concentrada en Reikiavik (Islandia) coa selección española sub-19 para disputar o Minitorneo de clasificación para o Campionato de Europa da categoría.

A segunda cita para España será mañá sábado 5 de outubro ante Grecia (17:00 horas) no Estadio Víkingsvöllur.

Kazajistán foi o pasado mércores 2 de outubro o primeiro rival das españolas no Estadio Hlíoarendi.

María Méndez foi titular e xogou completo un partido no que o resultado a favor das hispanas dio todo: 14-0.

O calendario de partidos da selección, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Mércores 2 de outubro
ESPAÑA 14 - KAZAJISTÁN 0

Sábado 5 de outubro
14:00: ESPAÑA - GRECIA, no Estadio Víkingsvöllur

Martes 8 de outubro
17:00: ISLANDIA - ESPAÑA, no Estadio Hlíoarendi

Con parón na Primera Iberdrola esta fin de semana, María Méndez chegará a tempo para a seguinte cita ligueira do Deportivo ABANCA, a visita a Abegondo do Rayo Vallecano da fin de semana do 13 de outubro.

María Méndez é unha das deportivistas internacionais nas categorías inferiores da selección española, do mesmo xeito que Teresa Abelleira, Sara Álvarez ou Carlota Sánchez; o cadro branquiazul conta ademais con tres internacionais venezolanas en categoría absoluta: Kika, Gaby e Michelle Romero.