RCD / NOVAS

Segundo triunfo do Alevín A no Trofeo Luis Calvo de fútbol 11

13/02/2020 21:05

O Alevín A colleitou esta tarde no campo das Eiroas de Carballo o seu segundo triunfo no Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, a costa esta vez do ED Luis Calvo Sanz A (1-9).

Anxo -3-, Janusz, Rubén, Pablo, Diego, Yago e Nico foron os goleadores branquiazuis.

Con este marcador, o Alevín A suma 6 puntos dos 6 disputados até a data.

Alevín A: Joel, Guillermo, Yago, Pablo, Xabi, Frank, Nico, Lucas, Balbas, Borja e Anxo. Tamén xogaron: Rodrigo, David, Diego, Marcos, Rubén, Janusz e Íker.

O vindeiro domingo 16 de febreiro, o cadro que prepara Kike Sanfiz disputa en Abegondo (10:30, campo 7) ante o EF Racing de Ferrol A a 3ª xornada desta competición.

Os resultados do Alevín A no trofeo Luis Calvo Sanz son os seguintes:

Alevín A 6 (Diego -4-, Íker e Lucas) - CD Calasanz 0
ED Luis Calvo Sanz A 1 - Alevín A 9 (Anxo -3-, Janusz, Rubén, Pablo, Diego, Yago e Nico)