RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Segundo triunfo ligueiro para o Fabril FC Alevín na Primeira Autonómica de fútbol oito

O Fabril FC Alevín logrou o seu segundo triunfo na Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo B, ao derrotar (4-0) ao Orillamar SD A.

Iago Lameiro, Javi, Guille e Gabi foron os autores dos goles deportivistas neste encontro correspondente á 3ª xornada.

Con este marcador, o Fabril FC Alevín suma 6 puntos de 6 posibles.

Fabril FC Alevín: Martín, José, Hugo, Guille, Iago Varela 'Chicho', Martín Forján, Gabi e Iago Lameiro. Tamén xogaron: Lucas López, Pablo Vara, Javi, Raúl, Pablo Somoza e Lucas Vázquez.

O Imperátor OAR C, a próxima fin de semana, será o seguinte rival do Fabril FC Alevín.

Os resultados do equipo branquiazul que preparan Alberto Suárez e Arsenio Velasco son os seguintes:

Fabril FC Alevín 11 (Martín Forján -4-, Lucas Vázquez -2-, Iago Lameiro -2-, Pablo Vara, Raúl e Gabi) - Imperátor OAR C 0
Imperátor OAR A - Fabril FC Alevín, suspendido
Fabril FC Alevín 4 (Iago Lameiro, Javi, Guille e Gabi) - Orillamar SD A 0