RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"Seguro que imos sacar isto para adiante", cre Pedro Mosquera

Pedro Mosquera, capitán do Deportivo, compareceu esta mañá na sala de prensa de Abegondo. O coruñés disputou o pasado xoves en Copa os seus primeiros minutos após superar a súa lesión muscular. "Atopeime ben fisicamente. Estou a coller o ritmo. A nivel persoal contento por xogar despois de tanto tempo fóra", apunta.

Afirma que Cristóbal "sabe que ten pouco tempo para traballar. Está a incidir en erros, en detalles que podemos ter tanto en ataque como en defensa. Está a tentar puílos. Nese sentido detecta moi ben os fallos que temos e está aos corrixir".

Do partido copeiro, Mosquera advirte que "a segunda parte do outro día serviunos para saber que se facemos as cousas como temos que facelas, podemos facerlle moito dano ás Palmas. Fixémoslles dano xogando cun menos, xogando en igualdade de condicións podemos facerlles dano".

Iso si, o centrocampista coruñés cre que "hai que ser autocríticos. Non mirar ao de á beira. Saber que cada un temos a nosa responsabilidade". Subliña que "ao equipo fíxolle dano a derrota do outro día, máis que pola derrota pola imaxe, por detalles que pasaron durante o partido. Iso falámolo, non volverá pasar. Empezamos agora de cero con adestrador novo. Imos saír reforzados desta fochanca. Mellor que sexa agora a principio de temporada que non máis adiante", engade.

Pedro Mosquera asegura que "hai moi bo grupo. Temos todos unha amizade dentro do vestiario. Nese sentido cada vez estamos mellor".

Neste sentido, a receita para endereitar o rumbo, segundo o capitán deportivista, é "estar todos xuntos. Mirarnos cada un o que podemos mellorar, non mirar ao de á beira e tentar facelo o mellor posible. O vestiario vai saír adiante, o equipo vai saír adiante. Seguro que todos coa axuda da afección imos sacar isto para adiante e ter unha boa temporada".

Pide o luns 30 de outubro (21:00 hora peninsular, Bein LaLiga) no Estadio Gran Canaria ante a UD Las Palmas "saír enchufados, tentar non encaixar gol ao principio do partido e a partir de aí ir crecendo en confianza. A xente está a traballar ben".