RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Seis adestramentos previos á visita do Málaga CF a ABANCA-RIAZOR deste domingo 20

O Deportivo realizará un total de 6 adestramentos antes de recibir ao Málaga CF en ABANCA-RIAZOR este domingo 20 de outubro (16:00 horas, #Vamos), nunha semana marcada polo regreso dos 4 internacionais branquiazuis que causaron baixa onte domingo no Estadio Gran Canaria: Gaku, Lampropoulos, Montero e Mollejo.

De todas as sesións, cinco serán na Cidade Deportiva e unha en ABANCA-RIAZOR, a porta pechada o xoves pola tarde.

Como é habitual, cada día que haxa actividade o cadro reúnese para almorzar e comer nas instalacións habilitadas para tal fin.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 15 de outubro
17:00: Adestramento en Abegondo

Mércores 16 de outubro
10:30: Adestramento en Abegondo
17:00: Adestramento en Abegondo

Xoves 17 de outubro
17:00: Adestramento en ABANCA-RIAZOR, a porta pechada

Venres 18 de outubro
10:30: Adestramento en Abegondo

Sábado 19 de outubro
10:30: Adestramento en Abegondo

Domingo 20 de outubro
16:00: Deportivo - Málaga CF, en ABANCA-RIAZOR