RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Seis futbolistas de #ANOSACANTEIRA entran na convocatoria do Dépor para viaxar a Zamora

Un total de seis futbolistas de #ANOSACANTEIRA entraron na lista de 18 convocados de Fernando Vázquez para o partido de mañá domingo 10 de xaneiro (17:30, Footters) no Estadio Ruta da Prata ante o Zamora CF. Repiten Manu Mosquera, Barba, Juan Rodríguez e Iván Guerrero, que xa estiveron o pasado mércores en Copa do Rei, e no que os dous primeiros mesmo chegaron a xogar; volve Adri Castro; e estréase o lateral zurdo Guille Bo, aínda en idade xuvenil como Juan Rodríguez.

Quedan fóra da convocatoria por lesión Uche; Bóveda; Borja Galán, que esta mañá realizou xa unha parte do traballo co grupo; Claudio Beauvue; Héctor; Miku; Derik; e Rolan, cunhas molestias nun cuádriceps e está pendente de valoración médica. A maiores, Lara está sancionado pola expulsión que sufriu en Pontevedra e que lle carrexou un castigo de dous partidos sen xogar.

Na sesión desta mañá en Abegondo, Fernando Vázquez realizou un ensaio táctico no campo 3 de cara ao encontro ante o Zamora CF. Un partido a metade de campo puxo o punto e final ao adestramento sobre o céspede.

O Dépor parte por estrada a Zamora esta tarde ás 16:30 horas e regresará após o encontro. No entanto, á vista das previsións metereolóxicas; de que hai outros 3 ou 4 partidos do grupo que tamén se está valorando suspender; e, sobre todo, por un principio de prudencia pola viaxe, solicitouse ao Comité de Crise da RFEF que valore a posibilidade dun adiamento.