RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Semana con 'final' pola permanencia para o Dépor ABANCA

O Dépor ABANCA encara desde hoxe luns 14 de xuño unha semana con 'final' pola permanencia o sábado 19 de xuño (11:00 horas) ante o Real Betis no Municipal Felipe del Valle de Sevilla.

Neste partido só vale a vitoria branquiazul para chegar á última xornada da Primera Iberdrola con opcións de lograr a salvación. A falta de dúas xornadas para o final de liga, é dicir, seis puntos en xogo, as verdibrancas, que agora mesmo marcan a permanencia, teñen 31 puntos por 26 as branquiazuis.

Despois dunha fin de semana de descanso con parón ligueiro, Manu Sánchez dispuxo desde hoxe luns cinco sesións de traballo en Abegondo para preparar este encontro correspondente á 33ª xornada na Primera Iberdrola.

O técnico deportivista non poderá contar nestas primeiras sesións da semana coas internacionais Athenea del Castillo, Noelia Bermúdez e Stephannie Blanco, concentradas coas súas respectivas seleccións nacionais.

Eva Dios, concentrada a pasada semana coa selección española sub-19, xa se incorporou o pasado venres aos adestramentos do Dépor ABANCA.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 14 de xuño
16:30 h

Martes 15 de xuño
17:30 h

Mércores 16 de xuño
17:30 h

Xoves 17 de xuño
17:30 h

Venres 18 de xuño
10:00 h

Sábado 19 de xuño
11:00: Real Betis - Deportivo ABANCA, no Estadio Municipal Felipe del Valle