RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Semana copeira para o Deportivo ABANCA, que busca un oco na final de Copa Galicia

O Deportivo ABANCA afronta unha semana copeira, coa disputa do partido de volta de semifinais da Copa Galicia de Segunda División Nacional ante o Victoria FC.

O encontro xogarase en Ponte dos Brozos (Arteixo) este xoves 18 de xaneiro ás 20:30 horas, con entrada libre para os afeccionados.

Na ida disputada o pasado 6 de decembro en Santiago xa venceron as deportivistas (1-4), que son claras favoritas para meterse na gran final.

Manu Sánchez, técnico branquiazul, planificou ademais tres adestramentos desde mañá martes, con este calendario:

Martes 16 de xaneiro
20:30: Adestramento en Abegondo

Mércores 17 de xaneiro
20:00: Adestramento en Abegondo

Xoves 18 de xaneiro
20:30: Deportivo ABANCA - Victoria FC, en Ponte dos Brozos (Arteixo)

Venres 19 de xaneiro
19:00: Adestramento en Abegondo

En liga, o equipo branquiazul é líder do grupo 1º de Segunda División Nacional con 40 puntos, con 4 puntos de diferenza sobre o Oviedo Moderno, que ten 39 puntos e un partido menos xogado.