Semana curta para o Deportivo, con visita o sábado ao Pontevedra Cf
O Deportivo arranca mañá mércores 2 de decembro unha semana curta de adestramentos de face á visita ao Pontevedra CF, prevista para o sábado 5 de decembro (17:00 horas, TVG) en Pasarón.
Fernando Vázquez disporá tres adestramentos en Abegondo, en principio todos matinais, para preparar o choque ante o conxunto granate, un dos favoritos do subgrupo A do grupo 1º de Segunda División B.
A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:
Mércores 2 de decembro 10:30 h
Xoves 3 de decembro 10:30 h
Venres 4 de decembro 10:30 h
Sábado 5 de decembro 17:00: Pontevedra CF - Deportivo, en Pasarón