RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Semana de recuperación e sen liga para o Deportivo ABANCA

O Deportivo ABANCA non ten competición ligueira esta semana, debido ao campionato de España de seleccións territoriais en Santiago.

Así pois, serán días para recargar baterías de cara ao seguinte choque ligueiro, a primeira final desta temporada, en Oviedo ante o Oviedo Moderno CF o sábado 22 de decembro, en hora por fixar.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 11 de decembro
20:30: Adestramento en Abegondo

Mércores 12 de decembro
20:00: Adestramento en Abegondo

Xoves 13 de decembro
20:30: Adestramento en Abegondo

Venres 14 de decembro
19:00: Adestramento en Abegondo

Despois de 12 partidos, Deportivo ABANCA e Oviedo Moderno CF marchan na cabeza con 34 puntos, aínda que a diferenza de goles a favor e en contra é superior claramente ás deportivistas: +69 por +46 das ovetenses.