RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Semana de recuperación sen competición oficial para o Deportivo ABANCA

O Deportivo ABANCA inicia unha semana de parón ligueiro debido aos compromisos das seleccións nacionais.

Así pois, toca recuperación física e mental tralo espectacular arranque branquiazul na súa primeira temporada na Primera Iberdrola.

Manu Sánchez dispuxo 4 sesións de adestramento desde mañá martes 5 de novembro, todas vespertinas en Abegondo.

O técnico deportivista non poderá contar nas próximas sesións coa internacionais Misa, Noelia Villegas, Athenea, María Méndez, Teresa Abelleira, Kika, Michelle Romero e Gaby.

Todas elas chegarán a tempo para a seguinte cita ligueira, a visita do EDF Logroño a Abegondo, prevista para o domingo 17 de novembro ás 16:00 horas (Gol), en partido correspondente á 9ª xornada.

Choque atractivo posto que se verán as caras as branquiazuis, terceiras na táboa con 19 puntos, e as rioxanas, cuartas con 14.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 4 de novembro
Descanso

Martes 5 de novembro
17:00: Adestramento en Abegondo

Mércores 6 de novembro
17:00: Adestramento en Abegondo

Xoves 7 de novembro
17:00: Adestramento en Abegondo

Venres 8 de novembro
Descanso

Sábado 9 de novembro
Descanso

Domingo 10 de novembro
Descanso