RCD / NOVAS

Semana de reunións coas familias dos xogadores de #ANOSACANTEIRA

15/03/2019 12:35

Ao longo desta semana, desde o martes 12 até onte, xoves 14, o Club reuniuse coas familias dos ao redor de 200 futbolistas que integran #ANOSACANTEIRA, desde o Xuvenil A até o Benxamín B.

Albert Gil, coordinador de fútbol base, acompañado por Manuel Puído, coordinador da etapa de iniciación, dirixíronse aos pais nesta nova etapa, destinada a informarlles, principalmente, sobre os torneos que disputará cada un dos equipos durante Semana Santa e no tramo final das súas respectivas ligas.

Con anterioridade, en agosto, Gil e Pulido recibiron aos familiares para darlles a benvida ao club. Xa comezada a temporada, o psicólogo Gabriel Pita e o nutricionista Saúl Sánchez dirixíronse aos pais e nais en diferentes series destas sesións informativas-formativas.