RCD / NOVAS

Semana grande para o Dépor ABANCA coa visita do Atlético de Madrid a ABANCA-RIAZOR

16/11/2020 19:09

O Deportivo ABANCA arrinca mañá martes una das semanas grandes da temporada, coa visita dun dos favoritos ao título, o Atlético de Madrid, a ABANCA-RIAZOR, en partido correspondente á 9ª xornada na Primera Iberdrola. Será o debut das branquivermellas na Coruña xa que o partido da pasada temporada foi aprazado polo confinamento e a suspensión definitiva da competición.

Manu Sánchez, técnico deportivista, disporá esta semana cinco sesións de adestramento, todas elas na Cidade Deportiva.

O adestrador branquiazul, aínda que consciente da entidade do rival, asegurou onte domingo en rolda de prensa que se marca como obxectivo "facerlles crer ás xogadoras que é posible, que este tipo de cousas fixémolas. Non son algo novo para o Dépor ABANCA".

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 17 de novembro
17:30 h.

Mércores 18 de novembro
17:00 h.

Xoves 19 de novembro
17:30 h.

Venres 20 de novembro
17:30 h.

Sábado 21 de novembro
10:00 h.

Domingo 22 de novembro
16:15: Deportivo ABANCA - Atlético de Madrid, en ABANCA-RIAZOR (Gol).