RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Semana longa de preparación para a visita ao DUX Internacional de Madrid

O Dépor, que descansa hoxe domingo 16 de xaneiro, volve aos adestramentos mañá luns para comezar a preparar xa a seguinte cita ligueira, o domingo 23 de xaneiro ás 12:00 no campo Municipal de Villaviciosa de Odón ante o DUX Internacional de Madrid. O choque corresponde á 19ª xornada, última da primeira volta, no grupo 1º de Primeira RFEF.

Borja Jiménez disporá dunha semana longa de traballo, con cinco sesións que arrincarán ás 10:30 na Cidade Deportiva. A maiores do de hoxe domingo, está previsto un novo día de descanso o martes 18.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 17 de xaneiro
10:30 h., Abegondo

Martes 18 de xaneiro
Descanso

Mércores 19 de xaneiro
10:30 h., Abegondo

Xoves 20 de xaneiro
10:30 h., Abegondo

Venres 21 de xaneiro
10:30 h., Abegondo

Sábado 22 de xaneiro
10:30 h., Abegondo

Domingo 23 de xaneiro
12:00: DUX Internacional de Madrid - Deportivo, no Municipal de Villaviciosa de Odón