RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Semana sen fútbol ligueiro pero con catro adestramentos para o Dépor ABANCA

O Deportivo ABANCA inicia mañá mércores 17 de febreiro unha semana sen fútbol na Primera Iberdrola. A seguinte cita para o equipo de Manu Sánchez será o domingo 28 ante o Rayo Vallecano en Vallecas, en partido aprazado e correspondente á 7ª xornada.

Para esta cita ligueira será baixa segura Noelia Villegas, expulsada o pasado domingo ante o Real Betis. Por contra, si poderán xogar Stephannie Blanco e Noelia Bermúdez, que durante esta semana e até o mércores 24 de febreiro permanecerán concentradas con Costa Rica.

A pesar de que non hai competición, o técnico deportivista dispuxo catro sesións de adestramento até o sábado 20 de febreiro, todas elas en Abegondo.

A planificación semanal, sempre susceptilble de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 17 de febreiro
16:30 h

Xoves 18 de febreiro
16:30 h

Venres 19 de febreiro
17:30 h

Sábado 20 de febreiro
11:00 h

Domingo 21 de febreiro
Descanso