RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Semana sen liga e de recuperación para o Deportivo ABANCA

Esta semana hai parón ligueiro no grupo 1º da Segunda División Nacional, no que milita o Deportivo ABANCA.

Así pois, os técnicos branquiazuis planifican unha semana de recuperación, con fin de semana de descanso, despois da carga de partidos case ininterrompida desde o pasado mes de xullo.

A planificación de adestramentos é a seguinte:

Luns 16 de outubro
Descanso

Martes 17 de outubro
20:30: Adestramento en Abegondo

Mércores 18 de outubro
19:00: Adestramento en Abegondo

Xoves 19 de outubro
20:30: Adestramento en Ponte dos Brozos (Arteixo)

Venres 20 de outubro
Descanso

O Deportivo ABANCA, tamén clasificado para a semifinal da Copa Galicia como primeiro clasificado do grupo norte, mantén o liderado da Segunda División Nacional con 18 puntos de 18 posibles, igualado a puntos co Oviedo Moderno, que ten peor diferencia de goles.

A fin de semana do 28 e 29 de outubro, o Deportivo ABANCA recibe en Ponte dos Brozos (Arteixo) ao pechacancelas, CF Vimenor, na 7ª xornada ligueira.