RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Semana sen liga no Dépor pero con partido de adestramento a porta pechada en Ponferrada

O Deportivo arrinca mañá mércores 12 de xaneiro unha semana sen fútbol de competición, posto que a seguinte cita ligueira será o domingo 23 de xaneiro ás 12:00 no campo Municipal de Villaviciosa de Odón ante o DUX Internacional de Madrid.

Así pois estes próximos días en Abegondo serán para recargar pilas, repor forzas e á vez seguir mantendo o ritmo cun amigable a porta pechada o sábado 15 de xaneiro ás 11:00 no Anexo ao Toralín ante a SD Ponferradina.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 12 de xaneiro
10:30 h.

Xoves 13 de xaneiro
10:30 h.

Venres 14 de xaneiro
10:30 h.

Sábado 15 de xaneiro
11:00: SD Ponferradina - Deportivo no Anexo ao Toralín (porta pechada)