RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Sen minutos Noelia Bermúdez e Stephannie Blanco no segundo amigable de Costa Rica

As xogadoras do Deportivo ABANCA Noelia Bermúdez e Stephannie Blanco pon punto e final a unha concentración coa selección de Costa Rica.

Este martes 23 de febreiro houbo unha nova cita ante México no Centro de Alto Rendemento da Federación Mexicana. O choque acabou sen goles (0-0) e sen minutos de xogo para as dúas xogadoras do Deportivo ABANCA.

O combinado 'tico' disputou no estadio Azteca o pasado sábado 20 de febreiro o primeiro dos dous partidos. Neste caso, as xogadoras branquiazuis foron titulares nun partido que caeu ao lado das mexicanas (3-1).

Noelia Bermúdez xogou o noventa minutos e Stephannie Blanco foi relevada no minuto 62 por Fabiola Villalobos.

Tanto Stephannie como Noelia Bermúdez teñen previsto estar a disposición de Manu Sánchez no adestramento do xoves 25 de febreiro ás 17:30 en Abegondo.

A seguinte cita ligueira para o equipo de Manu Sánchez será o domingo 28 ás 12:00 ante o Rayo Vallecano na Cidade Deportiva Fundación Rayo Vallecano, en partido aprazado no seu día e correspondente á 7ª xornada.