RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"Sen os meus compañeiros sería imposible", lembra Carlos Fernández sobre a súa convocatoria

Carlos Fernández atopouse coa noticia da súa convocatoria para a Selección Española sub-21 ao regresar do campo de adestramento en Abegondo.

Tivo o tempo xusto para consultar a citación completa a través do seu teléfono móbil e para recibir a cariñosa felicitación do seu veciño no vestiario, Carles Gil.

Rápìdamente subiu á sala de prensa da Cidade Deportiva, onde os medios de comunicación ansiaban por escoitar as primeiras impresións do dianteiro sevillano; nunha boa noticia por suposto para a súa carreira deportiva, pero non tan boa para o equipo, que non poderá contar cun dos seus máximos artilleiros para o partido de LaLiga 1|2|3 que se xogará en Almería o luns 19 de novembro (21:00 horas, GOL e LaLiga 1|2|3 TV).

Apuntou Carlos Fernández que "un sempre traballa para conseguir cousas bonitas. Moi contento por poder volver a unha lista".

Mostrouse agradecido "cos compañeiros, co Deportivo. Sen eles sería imposible".

Cre que a súa chamada se debe "un pouco a todo. O inicio de temporada do equipo foi bastante bo. Nese sentido todo o mundo, neste caso eu, sae beneficiado. Foi un premio ao traballo, volver a un grupo con grandísimos xogadores. Hai que seguir traballando, seguir na mesma liña porque é o camiño".

Laméntase por perderse o partido en Almería: "É inxusto porque te perdes partidos co teu Club. Pero temos un cadro moi amplo. Calquera que entre o pode facer ben. Xa se viu cando outros compañeiros tiveron que ir coa súa selección. Non creo que sexa ningún problema".