Os DéporCampus Cabreiroá 2019 arrancaron onte luns 24 en Abegondo, coa primeira das seis quendas da Cidade Deportiva, Ourense, Boiro e As Pontes.
O DéporCampus Cabreiroá de Abegondo desenvolveuse este luns 24 sen problema a pesar de que foi día festivo na Coruña. Os nenos participantes neste DéporCampus Cabreiroá xa puideron gozar dunha das grandes novidades deste ano: unha xornada na praia, na que poden dar renda solta a algunhas habilidades difíciles de poñer en práctica noutros terreos de xogo, como son os remates acrobáticos.
A segunda das seis quendas dos DéporCampus Cabreiroá de Abegondo e os DéporCampus Cabreiroá de Caranza e Revilla de Camargo (Cantabria) darán inicio o vindeiro luns 1 e estenderanse até o venres 5.
Este tres DéporCampus Cabreiroá pecharán a súa inscrición en menos de 48 horas, este xoves 27 de xuño ás 12:00 horas.
Para ser validadas, todas as inscricións realizadas nas próximas horas tamén deberán ser abonadas antes da hora límite, as 12:00 horas do xoves 27 de xuño.
Os DéporCampus Cabreiroá de Abegondo contan xa con máis de 600 inscritos. Entre todas as sedes, a lista de participantes xa rolda os 900 rapaces.
Os DéporCampus Cabreiroá 2019 contan cun total de 15 sedes: 10 en Galicia, 1 en Cantabria e 4 fóra de España.