RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Sergio: Estamos doídos polo sucedido. Non saíu nada do que traballamos en pretemporada

Sergio González, un dos capitáns do equipo, coincidió co seu compañero Manuel Pablo na lectura do partido de onte: "Non nos salió nada do que traballamos en pretemporada". Esta mañana, o centrocampista internac

-¿Como che atopas?
-Triste. Onte funme moi doído a casa. Todo o vestiario está moi doído polo que sucedeu.

-¿Que che parece a reacción dun sector do público de Riazor, que che asubiou case todo o partido?
-É cando menos sorprendente que xa desde o primeiro partido reaccione así ese sector. Acéptoo pero eu vou levantar a cabeza igual e non baixarei os brazos.

-¿Que lectura fai do partido de onte?
-O do Almería foi unha caricatura de todo o que traballamos en pretemporada. Non estivemos acertados nin técnica nin tácticamente. Houbo moitas distancias entre nós. Pero de todo apréndese. Quero pensar que o do Almería foi un do tres partidos malos que ten todo equipo en toda a tempada.

-Hai outros casos de futbolistas como Cannavaro, do Real Madrid, ao que asubiaban ao principio e que logo foi un dos talismáns do equipo.
-Oxalá que sexa así. En calquera caso eu non vou baixar os brazos. Gústame ir de fronte, coa cabeza levantada.

-Tras a derrota do Almería, ¿cobra maior importancia o partido de Valladolid?
-Todos os partidos son importantes. Creo que é moi pronto para extraer consecuencias. Xa se viu ademais que o Valladolid era un equipo de Primeira que a tempada pasada estaba en Segunda.