RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Sergio: Este equipo ten unha base definida que nos deu moitos éxitos

Sergio tamén compareceu esta mañá en 'O Mundo do Fútbol' ás preguntas dos medios de comunicación: -Este equipo se cadra é demasiado previsible? -Está claro que hoxe en día todos nos coñecemos. Pero eu creo que o fútbol de previsible ten moi

-Que explicación ten esta mala serie?
-Este equipo ten unha base definida que deu moitos éxitos. Agora ben, explicación? Eu creo que onte non nos saíu nada e eles, sen facer moito, atopáronse cun gol de fortuna. Non nos estamos atopando e encaixamos goles con facilidade.
-Pode haber ansiedade?
-Si pode ser, pero creada por nós. Está claro que non non saen as cousas, sobre todo no noso campo. Onte por exemplo somos todos os que o fixemos mal. Eles encerráronse atrás ben e fortalecéronse moito. Non hai un culpable concreto. Somos todos.
-É o Camp Nou un campo ideal?
-Ideal era o día do Liverpool. Eu opino que o campo ideal para cambiar o refacho é o seguinte partido, aínda que en Barcelona vai ser moi difícil. O ano pasado gañamos pero foi unha vitoria moi traballada e complicada.
-Hai opcións de seguir vivos na liga de Campións?
-O que temos que facer é gañar o seguinte partido como sexa. Logo, xa veremos o que pasa.
-Quizá se cadra o balón non circula coa rapidez do ano pasado ou de tempadas anteriores.
-Está claro que estamos un pouco espesos. O míster saberá os métodos ideais para recuperar a frescura nos adestramentos.