RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Sergio: Non hai respiro

Riazor viviu hoxe unha mañá de traballo aínda cos ecos da gran vitoria ante a Juventus resoando no Estadio. O deportivista Sergio mostrou a súa satisfacción polo partido realizado polo conxunto branquiazul "foi un gran partido ante un grandísimo rival, es

Sergio falou do duro calendario deportivista "agora temos que ir gañar a Sevilla porque na liga tamén pelexamos polo título" e engadiu "e aínda que somos profesionais e estamos totalmente centrados no compromiso de liga, ás veces é difícil esquecer que temos aí a final da Copa do Rei". Ademais afirmou "non hai respiro, temos que gañar sempre, isto é o que pasa cando estás nun equipo como o Deportivo, que aspira a todo".