RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Sergio: Para ser alguén no fútbol, hai que enfrontarse aos mellores

O deportivista Sergio falou cos medios de comunicación tras a sesión de baño e masaxe desta mañá en Riazor. O xogador recoñeceu que o Grupo G de Liga de Campións é un grupo complicado pero engadiu "tocou así e hai que xogalo así, para ser alguén no fútbol

Sergio recoñeceu que a non convocatoria coa selección é "unha pequena decepción" pero afirmou "un traballa por e para o Club, polo partido do domingo e por estar de inicio co seu equipo. A selección é un paso máis, un premio, pero uno sempre traballa por estar no seu equipo".

O deportivista falou do curriculum de Bayern, do Milán e do Lens "que non vai ser unha comparsa" e asegurou "vai ser unha boa ocasión para que a xente gozar de partidazos neste grupo".

En canto ao Betis, para Sergio "temos que empezar con bo pé. O Betis está moi ben, reforzouse ben e van vir a complicarnos as cousas, a ver se empezamos ben en casa" e recoñeceu "fixemos un bo traballo de pretemporada e a ver se o continuamos."