RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Sergio retirouse con problemas nun ombreiro

Sergio deu o susto do día no Deportivo. Nunha xogada fortuíta durante a pachanga do adestramento matinal en Acea de Ama, o centrocampista internacional volveu ter problemas nun ombreiro e tivo que retirarse da sesión.

César Cobián aclarou que Sergio ten unha subluxación nun ombreiro. "Terá que facer traballo de ximnasio e fisioterapia", indicou o galeno. Pola súa banda, o propio futbolista confesou que é unha sensación "moi dolorosa, de tres ou catro minutos que se pasan fatal". O futuro, de momento, non pasa polo quirófano: "Sei que esa é a solución definitiva, pero imos esgotar as vías. Agora poreime en mans dos fisioterapeutas e de Carlos (por Carlos Lalín, readaptador físico do club) para que isto non se volva a repetir", indicou Sergio.
Así mesmo, Luque regresa a Mallorca co Deportivo _xa foi titular no partido de volta de semifinais de Copa do Rei que o Dépor disputou en Son Moix_. É consciente de que o cadro balear é un equipo irregular, aínda que perigoso: "Se teñen un bo día, poden gañarlle a calquera. Aproveitan moi ben os contragolpes coa velocidade de Etoo, Ibagaza..." Luque espera que o Dépor estea ao nivel do primeiro tempo da volta de semifinais: "Xogamos moi ben eses primeiros 45 minutos. Así é como debemos de xogar o domingo todo o partido", asegurou o dianteiro catalán.