RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Sesión de descarga para o primeiro equipo esta mañá en Abegondo

O Deportivo realizou esta mañá, como é habitual dous días antes de cada partido, unha sesión de menor intensidade no campo 2 da cidade deportiva. Así, tras un quecemento con carreira e xogos de técnica, houbo rondos e, xa no vestiario, ximnasio e masaxe.

Borja Vale e Arribas adestráronse co readaptador; mentres que Babel e Laure tiveron tratamento médico e de fisioterapia.

Jardel e Óscar foron os fabrilistas que estiveron hoxe ás ordes de Gaizka Garitano.

Mañá venres, o persoal está citada en Abegondo ás 10.30.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Venres 25 de novembro
10.30: Adestramento en Abegondo

Sábado 26 de novembro
13.00: Málaga - Deportivo na Rosaleda

Domingo 27 de novembro
10.30: Adestramento en Abegondo