RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Sesión de recuperación no Mundo do Fútbol con traballo duro para os porteiros

O Deportivo realizó esta mañana unha sesión de recuperación no Mundo do Fútbol con ximnasio, estiramentos e bañvos de contraste (fríou-calor-fríou) no vestiario da Cidade Deportiva.

Sólamente os porteiros do primeiro equipo e do filial adestráronse máis intensamente ás ordes de José Sambade, no campo número 2. Mañá venres, Lotina volverá traballar cos seus xogadores a partir das 10.30 no mesmo escenario.

Xa en sala de prensa, Dani Aranzubía recoñeceu que non é positivo enfrontarse ao Espanyol pola súa condición de pechacancelas de Primeira División: "É a súa última oportunidade e seguro que sairán extramotivados e moi concentrados". Cre a meta vasco que "todos os anos algún equipo con grandes xogadores métese aí abaixo. O ano pasado foi o Zaragoza".

En canto ao seu futuro, Aranzubía foi claro: "Teño contrato e oxalá poida estar moitos anos aquí".